O escritor lucense Lionel Rexes (ParÃs, 1971) ven de resultar gañador da oitava edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta grazas ao seu relato 'Nove lúas'. O xurado decidiu por unanimidade concederlle o galardón á obra de Rexes MartÃnez, destacando da obra "a estrutura narrativa armada ao redor das relacións dos personaxes e de como deben enfrontar as opcións vitais e laborais en contextos de gran dificultade". Ademais sinala o xurado como a "vontade de estilo impregna todo o relato" que que transcorre sobre o pano de fondo da guerra civil. O premio está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo seleccionado en Edicións Embora. O galardón entregarase o venres 3 de novembro nun acto público na Casa do Romano, sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces) coincidindo coa conmemoración do DÃa da lectura e, con este motivo, farase unha lectura pública da poesÃa de Neira Vilas e da súa compañeira de vida, Anisia Miranda. O xurado estivo integrado polos membros da Fundación Xosé Neira Vilas Juan Andrés Fernández e RosalÃa Morlán, asà como polo crÃtico literario e profesor universitario Armando Requeixo.