A obra "Cristais rotos", de Álvaro Domínguez foi a elixida polo xurado da sétima edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta. O xurado integrado por Juan Andrés Fernández e Rosalía Morlán, membros da Fundación Xosé Neira Vilas, así como polo investigador, crítico literario e profesor universitario Armando Requeixo, argumentou a súa decisión "na forza narrativa dun relato que profunda nas luces e sombras dunhas vidas golpeadas polo destino". Así mesmo, salientou "a habelencia na orquestración estrutural da obra, na que conflúen tramas alternas as e complementarias, escritas cunha prosa brillantemente perfilada de diálogos áxiles e cheos de verosimilitude". O premio está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo seleccionado.
O galardón será entregado o mércores 3 de novembro nun acto público na sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres (Vila de Cruces), que comezará ás 18.30, e que coincide coa conmemoración do Día do Lector e da Lectora. O obxectivo deste certame, dirixido a público infantil e xuvenil, é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar obras de calidade ao público mozo que lle permitan achegarse ao engaiolante mundo da novela. O Día de Neira Vilas contempla tamén nesta ocasión a inauguración dunha exposición coas ilustracións realizadas pola artista plástica Belén Rodríguez Pazo para "O cabaliño de buxo", que o escritor de Gres dera a coñecer en 1971 e da que agora se ofrece unha reedición na colección Árbore de Galaxia.
Sobre o autor
Despois de publicar relatos curtos en portais dixitais como Amateurs Hotel ou The Barcelona Review, Álvaro Dominguez estreouse no medio impreso formando parte da antoloxía 'Lo que no se dice', da editorial Dos Bigotes. Foi un dos finalistas do premio Cosecha Eñe 2017 convocado pola revista Eñe. Ese mesmo ano recibe o premio Tandaia por 'Veintitantos problemas', a súa primeira novela publicada en castelán. Despois de cursar o Máster de Edición Universidad Autónoma de Madrid-Taller de Libros traballou no mundo editorial en calidade de lector de manuscritos, corrector, tradutor e tamén en prensa. Historiador do Arte de formación, na actualidade dedícase ao ensino.