Carlos Labraña leva o Premio Estornela de Teatro para nenos

A Fundación Neira Vilas convocou a VIII Edición deste certame bienal

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A pequena compaña é o título da obra coa que Carlos Labraña Barredo obtivo o VIII premio Estornela de Teatro para nenos. O xurado, composto por Xosé Neira Vilas, Juan Andrés Fernández Castro e Luís Reimóndez, destacou a "perfecta caracterización dos personaxes, a tensión dramática e o vibrante ritmo narrativo" así como a mestura de tradición galega e mitoloxía clásica da obra. O galardón que convoca de xeito bienal a Fundación Neira Vilas está dotado con 600 euros en metálico e mais a publicación da obra. Canda a este traballo, entre os 18 presentados, o xurado concedeu tamén mencións de honra ás obras As terapias da doutora ledicia, de Raquel Castro Martínez, e mais a As aventuras de Odiseo, de Xosé Luna Sanmartín.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Carlos Labraña, Carlos Labraña, Teatro, Fundación Neira Vilas...