José Luis Reimóndez Fernández é o novo presidente da Fundación Neira Vilas

A entidade anuncia o nacemento dos premios Neira Vilas e Anisia Miranda

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:

A Fundación Neira Vilas renóvase logo do recente falecemento do autor que lle dá nome. Deste xeito, o padroado desta entidade anunciaba onte a elección por unanimidade de José Luis Reimóndez Fernández como presidente en substitución do propio Neira Vilas. Reimóndez Fernández ocupaba ata o de agora o posto de vicepresidente da Fundación. A maiores, tamén anunciaron o nacemento do premio Xosé Neira Vilas, que premiará novelas para lectores infantís ou xuvenís, e mais do Anisia Miranda, destinado a recoñecer obras de teatro para o mesmo público. Estes novos galardóns substituirán os premios Arume e Estornela, que convocaba anualmente a fundación. Como vindeiros obxectivos, a entidade prevé editar varias obras que Neira Vilas deixou rematadas e acondicionará a vivenda do autor en Gres para que sexa integramente visitable a xeito de casa-museo.

Que che parece esta nova?
83 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Fundación Neira Vilas, Anisia Miranda, Xosé Neira Vilas, Teatro...

Claves

Conceptos