Nace o Premio Anisia Miranda de Teatro para a Infancia

A Fundación Neira Vilas recoñece con 1.000 euros o mellor traballo orientado a este público

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Anisia Miranda. Fonte: Fundación Neira Vilas

Anisia Miranda. Fonte: Fundación Neira Vilas

A sede da Fundación Xosé Neira Vilas en Gres acollía este 18 de outubro, no marco dunha homenaxe a Anisia Miranda, a presentación do novo Premio de Teatro para a Infancia que leva o nome da escritora. O galardón, que completa os que xa promove esta entidade de poesía para público infantil e mais de novela curta, conta cunha dotación de 1.000 euros e a publicación da obra gañadora por parte da Editorial Embora.

O prazo para se presentar á primeira edición do certame está aberto ata o vindeiro 24 de febreiro, e o galardón entregarase a coincidir co Día do Teatro, o 27 de marzo. A Fundación conta co apoio da Consellería de Cultura para esta iniciativa.

O novo premio quere pór de relevo o interese de Miranda, promotora da Fundación e dona de Xosé Neira Vilas, por promover a cultura para o público infantil ao longo da súa carreira, tanto no papel de autora como no campo da dinamización cultural.

Que che parece esta nova?
85 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Anisia Miranda, Xosé Neira Vilas, Fundación Neira Vilas...