Lidia de la Fuente gaña o Premio Anisia Miranda de Teatro para a infancia

A obra O tesouro foi a seleccionada no certame da Fundación Xosé Neira Vilas

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Lidia de la Fuente gaña o Premio Anisia Miranda de Teatro para a infancia

A Fundación Xosé Neira Vilas deu a coñecer este 10 de maio o fallo da cuarta edición do Premio Anisia Miranda de Teatro para a infancia. Lidia de la Fuente fíxose co galardón, dotado con 1.000 euros, coa obra O tesouro, que será publicada por Edicións Embora.

O fallo destacou "a viveza dos diálogos, o uso intelixente dos recursos escénicos e o hábil emprego do humor" no texto. O xurado estivo composto polos membros do Padroado da Fundación Pilar Sampedro e Fernando Redondo, xunto co dramaturgo e académico da RAG Euloxio Ruibal.

A entrega do premio terá lugar o vindeiro domingo, día 18 de maio na sede da Fundación en Gres (Vila de Cruces). O acto contará cunha actuación do cantautor Armando González.

Que che parece esta nova?
81 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anisia Miranda, Teatro, Xosé Neira Vilas, Fundación Xosé Neira Vilas...