Morre a escritora Anisia Miranda

A autora galego-cubana faleceu onte na súa casa en Gres (Vila de Cruces)

23/10/2009 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A escritora Anisia Miranda faleceu onte na súa casa en Gres (Vila de Cruces). Miranda era a vicepresidenta da Fundación Neira Vilas, a fundación dedicada á figura do seu home, Xosé Neira Vilas. A autora, que era filla de emigrantes ourensáns, naceu en Cuba, na vila de Ciego de Ávila. En 1953 trasladouse a Bos Aires, onde participou en numerosos proxectos de difusión cultural en colaboración con moitos persoeiros da emigración. En colaboración con Neira Vilas, Miranda fundou no ano 1957 en cuba o proxecto editorial Follas Novas, para a distribución do libro en galego en América.

Na produción literaria de Miranda sobranceu a escrita infantil, para a que escribiu libros como Pardela amiga,A primeira aventura e Mitos e lendas da vella Grecia.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cuba, Anisia Miranda, Vila de Cruces, Xosé Neira Vilas...