Morre o escritor Xosé Neira Vilas

Finou na súa casa de Gres (Vila de Cruces)

27/11/2015 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

"Xosé Neira Vilas (AELG)-4" por Santos Díez (Ollo de Vidro-ACAB).Fonte: Wikipedia

O famoso escritor Xosé Neira Vilas finou esta noite na súa casa de Gres (Vila de Cruces) aos 87 anos de idade. Neira Vilas foi un destacado representante da cultura galega no exilio e en Galicia e autor dun dos libros máis traducidos da literatura galega: Memorias dun neno labrego. A capela ardente será no Panteón de Galegos Ilustres a partir das 18:30 h. de hoxe venres. O enterro será mañá sábado ás 17:30 h. na igrexa parroquial de Gres (Viladecruces).

Que che parece esta nova?
94 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Neira Vilas, Vila de Cruces, Literatura, Panteón de Galegos Ilustres...