Coa intención de "manter viva e actualizada a figura e a obra de Neira Vilas, nomeadamente entre o público lector novo" a fundación que leva o nome do autor de Memorias dun neno labrego acaba de presenter Caderno de Gres. Esta publicación, que se fixo realidade grazas ao Fondo de Proxectos Culturais da Xunta de Galicia, achega unha homenaxe a DÃaz Pardo polo seu centenario. O discurso Palabras para Isaac, que leu Neira Vilas no funeral do seu amigo complétase cun artigo asinado por Xosé DÃaz sobre a relación profesional e de amizade que uniu a estes dous referentes da cultura galega.
Canda a isto, o volume achega a transcrición da última sesión dos Encontros Literarios que a entidade organiza na súa sede de Gres. Lois Alcayde, Rosa Aneiros e AntÃa Yáñez reflexionan neste apartado sobre a pegada de Neira Vilas tanto a nivel literario como vital destes convidados. O Caderno complétase coa publicación dun fragmento de Dietario derradeiro. É este un inédito do autor que recolle os textos que escribiu entre 2009 e 2011 nos que desenvolveu un "relatorio de encontros con amigos e persoeiros da cultura, actos públicos, traballos e viaxes".