Chega ás librarías 'De Gres a Cádiz' un libro inédito de Xosé Neira Vilas

A obra de carácter autobiográfico presenta as dúas primeiras décadas da vida do escritor

26/4/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

Capa do libro

Está maña tivo lugar na Libraría Couceiro de Santiago a presentación á prensa de De Gres a Cádiz, un libro inédito do desaparecido Xosé Neira Vilas (Gres, 1928-2015) editado na Editorial Galaxia pola profesora da USC Dolores Vilavedra e Luís Reimóndez, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas. En De Gres a Cádiz enmárcanse as vivencias do autor no período comprendido entre a súa estancia no Gres que o víu nacer, e a chegada a Cádiz, cidade onde se embarcou aos 20 anos cara a América. En definitiva, unha crónica da primeira parte da súa vida que nos vai permitir completar, con precisión, ese chanzo da súa biografía. Neira Vilas comezou a escribir este libro en xaneiro de 1996 e está composto por un “ramallete de lembranzas, de prosas condensadas”, tal como afirma o propio autor no limiar que deixou preparado para esta edición. A este novo libro inédito, que aparecerá dentro da Biblioteca de Autor, sumarase en 2019 un segundo volume tamén descoñecido ata o de agora.

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cádiz, Xosé Neira Vilas, Dolores Vilavedra, Fundación Xosé Neira Vilas...