O Auditorio Xosé Neira Vilas da Cidade da Cultura de Galicia acolleu onte a presentación dun volume ata agora inédito do propio Xosé Neira Vilas (Gres, 1928-2015), titulado Co pai e que a editorial Galaxia ven de sacar do prelo. Este volume é un traballo póstumo de Xosé Neira Vilas que recolle 25 breves textos en que o autor nos traslada a memoria de experiencias vividas a carón do seu proxenitor, case sempre vencelladas á casa e aos labores agrarios. Esas 25 prosas breves foron compostos na Habana no ano 2000, pero ata o momento permaneceran inéditas. Trátase dun libro de carácter memorialÃstico, do que cómpre salientar a singular prosa poética do seu autor que, neste caso, se desprega sobre unha serie de textos breves no que se xuntan a dimensión narrativa e a lÃrica. Engádese asà este libro póstumo a outros nos que Neira Vilas foi elaborando unha memoria literaria coa que evocar o eido orixinario e os afectos familiares. Na presentación deste libro póstumo interviñeron ValentÃna GarcÃa, secretario xeral de PolÃtica LingüÃstica, Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Neira Vilas, e Dolores Vilavedra, editora de Co pai. Xosé Neira Vilas foi membro numerario da Real Academia Galega e doutor Honoris Causa polas universidades da Coruña e da Habana. É autor dunha extensa obra literaria na que destacan as súas Memorias dun neno labrego (1961), a novela máis reeditada e traducida da historia da literatura galega.