Volta o Premio Estornela

O certame bienal de teatro para nenos convoca a súa VII Edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculo
Compartir:

A Fundación Xosé Neira Vilas presentaba onte, na sede do Consello da Cultura a VII Edición do Premio Estornela de Teatro para nenos. Segundo explicou Luis Reimóndez, vicepresidente da Fundación, a convocatoria pretende satisfacer a demanda de obras literarias de calidade destinadas para os máis novos e que sexan aptas para se escoitar, de xeito que cheguen mesmo a quen aínda non sabe ler. O certame celébrase de xeito bienal alternando coa convocatoria do premio Arume de poesía infantil, e ten unha dotación económica de 600 euros. O prazo de admisión de orixinais remata o vindeiro 30 de outubro.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Teatro, Xosé Neira Vilas, Poesía, Fundación Xosé Neira Vilas...