'Off the record' de Virxilio Rodríguez gaña o Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta

O premio entregarase mañá mércores coincidindo co aniversario do nacemento de Xosé Neira Vilas

| Santiago. Redacción | Seccións: LiteraturaLingua
Compartir:
Foto do autor premiado realizada por Brais Lorenzo

Foto do autor premiado realizada por Brais Lorenzo

A obra "Off the record" de Virxilio Rodríguez Vázquez, profesor de Dereito Penal na Universidade de Vigo ven de resultar a gañadora da VIª edición do Premio Xosé Neira Vilas de Novela Curta convocado pola Fundación dedicada ao autor de Gres. O xurado destacou "o acerto na recreación dunha trama investigadora que transcorre na Galicia bonaerense e que ten na desaparición dun personaxe de ascendencia sefardí a cerna da súa intriga".

O galardón será entregado este mércores 3 de novembro coincidindo coa conmemoración do Día de Neira Vilas insturado polo aniversario de nacemento do escritor e que ademais desde este ano está considerado como Día do Lector e da Lectora. O obxectivo do certame é estimular a creación literaria, fomentar a lectura en lingua galega e proporcionar ao público infantil, xuvenil e adulto obras de calidade que o acheguen aos mundos da ficción e a imaxinación da novela. O galardón está dotado con 1000 euros e a publicación do traballo gañador a cargo de Edicións Embora.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xosé Neira Vilas, Virxilio, Universidade de Vigo, Lingua galega...

Claves

Conceptos
Lugares