Miguelanxo Prado publica en Francia a súa nova BD Le Triskel volé

A obra sairá en galego da man de Retranca Editora na primavera de 2020

A editorial Casterman acaba de publicar en Francia a nova banda deseñada do galego Miguelanxo Prado. O álbum, primeiro volume dunha triloxía, sae á venda co título de Le Triskel volé e conta con 104 páxinas a toda a cor. A obra preséntase como unha historia de aventuras na que o autor reflexiona sobre a relación do ser humano con seres sobrenaturais como anxos, demos ou bruxas.

Na presentación da obra, Prado pregúntase se "o papel da humanidade na historia non fora o que ela mesma contou? E se non foi tan inocente e pasivo como se pretende? Que sucedería se se chegase a descubrir que ese reparto de roles, cuns seres malignos tentando e corrompendo a uns seres humanos inocentes, non é outra cousa que a versión interesada da historia contada polos propios «culpables»?".

A obra sairá publicada en galego da man de Retranca Editorial a vindeira primavera co seu título orixinal O Pacto do Letargo, que tamén conservará nas versións xa previstas en español e en portugués. En vindeiros anos Prado prevé completar a Triloxía do Tríscele na que se insire este volume