Saber polo miúdo como traballa Miguelanxo Prado á hora de crear unha banda deseñada, desde o guión ata o libro a pasar polo debuxo e a cor. Este é o contido de Atelier Miguelanxo Prado, a obra que acaba de publicar Retranca Editorial e que abre unha nova colección dedicada a revisar o proceso creativo de distintos autores de BD. O volume, de 52 páxinas, inclúe unha detallada entrevista na que o creador revela o seu sistema de traballo e repasa a súa carreira ademais do story board completo do seu último álbum, O pacto do letargo.
Precisamente, tal e como estaba anunciado, a editora ten xa nas librarÃas a edición na nosa lingua desta banda deseñada, cunha coidada presentación que aposta por reproducir as ilustracións de capa e contracapa sen textos nin logotipos e engadir os mesmos nunha sobrecuberta transparente para permitir un maior desfrute destas obras. A obra conta cun total de 104 páxinas a toda cor máis gardas.
A editora anuncia ademais a publicación de Dúas moedas, obra coa que Núria Tamarit se fixo co primeiro Premi València de Novela Gráfica. A obra achega unha ollada á realidade africana a través da historia de Mar, unha adolescente europea que viaxa a Senegal acompañando á súa nai.