Os premios Paraugas recoñecen a última BD de Miguelanxo Prado

O Clúster da Comunicación de Galicia outorgou este 12 de febreiro os seus premios nunha gala en liña

A edición de Retranca Editora de O pacto do Letargo. O tríscele roubado, última banda deseñada de Miguelanxo Prado, acaba de ser recoñecido co Premio Paraugas ao Mellor Libro. O galardón, que recoñece "o contido, a ilustración, o formato, o remate, a calidade da impresión, a lexibilidade e a lectura" valorou o formato deste lanzamento, que se imprimiu na empresa Gráficas Anduriña, de Poio. Unha gala en liña acolleu este 12 de febreiro a entrega dos premios anuais do Clúster da Comunicación de Galicia.

A quinta xeira dos galardóns que entrega a Clúster de la Comunicación de Galicia outorgaron tamén os seus premios nas categorías de Marketing, Creatividad, Comunicación, Márketing Dixital, Deseño e Eventos. Centrados sobre todo en proxectos publicitarios, as empresas Hijos de Rivera, Nueva Pescanova e Bonilla a la Vista foron as grandes triunfadoras da edición ao conseguir dous premios cada unha.

Deste xeito, Hijos de Rivera obtivo os recoñecementos á mellor estratexia ou acción de branding pola iniciativa "Manifiesto (La Resistencia se une a La Resistencia)" de Estrella Galicia e mais o de mellor deseño gráfico polo restyling da marca 1906. No caso de Nueva Pescanova, o premio foi o de Mellor Creatividade Audiovisual pola proposta "Navidad de Bigotes", que tamén lle reportou o de Mellor Campaña de Produto ou Servizo. Pola banda de Bonilla a la Vista, a súa presenza no filme surcoreano Parásitos valeulle o galardón á Mellor Estratexia de Comunicación Externa, ao que sumou o de Mellor Estratexia de Márketing Dixital.