Os premios da BD portuguesa recoñecen o traballo de Miguelanxo Prado

A edición lusa de O pacto do letargo recibiu os premios á mellor obra estranxeira e mellor ilustración

A edición portuguesa de O pacto do letargo, último traballo de Miguelanxo Prado, acaba de ser recoñecido con dous dos galardóns dos Premios Bandas Desenhadas de Portugal. A obra, publicada por Ala dos Livros, foi recoñecida como "Melhor Publicação Estrangeira" a considerar que "para além da qualidade do trabalho gráfico, a obra distingue-se, do ponto de vista narrativo, por se aproximar, de um modo geral, de temáticas coletivas e, em particular, do binómio culpa/responsabilidade mundial, o que a torna peculiar".

Ademais, o autor galego conseguiu o recoñecemento á Melhor Ilustração em Publicação Estrangeira, a destacar "o desenho feito a pluma, com tinta chinesa, acompanhada da cor originada por pigmentos acrílicos, trabalhados com técnica de aguarela, por transparências".