Noia acolle a III edición de V de Viñetas

As xornadas de banda deseñada desenvólvense ata o vindeiro 6 de decembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Noia acolle a III edición de V de Viñetas

A III Xornadas de Cómic do Liceo de Noia abre na tarde deste 4 de decembro as súas portas. O encontro contará con obradoiros sobre adaptación de obras literarias a banda deseñada, da man de Pablo Prado e o concept art para animación con Fon. Ademais, Miguel Porto e Fernando Llor presentarán a súa obra Subnormal sobre acoso escolar, e Miguelanxo Prado dará a coñecer o seu último álbum O pacto do letargo. Como remate do programa proxectarase o filme Ponyo en el acantilado na tarde do día 6.

No campo das exposicións haberá unha colectiva dedicada aos clásicos do anime xaponés Miyazaki e Takahata, e outra a facer un repaso dos traballos publicados na revista A viñeta de Schrödinger. O o humor gráfico de Kiko da Silva en El Correo Gallego, o labor dos debuxantes Miguel Porto e Pablo Prado e mais o traballo do guionista Fernando Llor protagonizarán cadansúa mostra individual.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Noia, Banda deseñada, Pablo Prado, Miguel Porto...