A Viñeta de Schrödinger 2 xa está na rúa

A segunda entrega da revista que edita A Mesa achega BDs de quince autores do país

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A Viñeta de Schrödinger 2 xa está na rúa

Librarías e subscriptores están a recibir a segunda entrega de A Viñeta de Schrödinger, revista de banda deseñada en galego que publica a Mesa pola Normalización Lingüística. Con capa de Miguel Robledo, publicación que dirixe KIko da Silva acolle historias de Miguelanxo Prado, Fran Bueno, Kiko da Silva, Kohell, Fernando Llor, Zaida Novoa, Miguel Rojo, Pablo Prado, Fonso Barreiro, Aldara Prado, Joan Casaramona, Miguel Porto, Victor Rivas, Antonio M Fraga, Miriam Iglesias e Fernando Ruibal, ademais dunha entrevista a Albert Monteys. A revista foi seleccionada polos lectores do web Fervenzas Literarias como o segundo mellor proxecto de banda deseñada do pasado ano.

Que che parece esta nova?
60 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kiko da Silva, Banda deseñada, Miguel Rojo, Pablo Prado...