Nace Oink! a revista do Xabarín Club

O proxecto inclúe contidos de banda deseñada e xorde da empresa Agalip

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Capa de Oink!

Capa de Oink!

Unha revista para os máis novos que ten o Xabarín da TVG como protagonista. Esta é a proposta de Oink! A revista do Xabarín Club, que se presentará no marco de Viñetas desde o Atlántico. A publicación, con periodicidade mensal, estrearase o vindeiro 10 de agosto ás 12:30 da mañá presentando un número 0. Entre os contidos que anuncia hai unha importante dose de banda deseñada e contidos sobre arte, historia, ciencia, deportes ou actualidade. Miguelanxo Prado, Kiko da Silva, Andrés Meixide, Miguel Porto, Fran Bueno e Marilar Aleixandre, Miguel Robledo, Jacobo Fernández, Kohell, Victor Rivas e Pinto e Chinto son os autores que achegan as súas historias ao proxecto. A emprega Agalip preséntase como responsable desta nova iniciativa.

Que che parece esta nova?
89 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito