En perigo a continuidade da revista Oink!

A editora anuncia un proxecto de crowdfunding para garantir a viabilidade da publicación

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Capa da última entrega de Oink!

Capa da última entrega de Oink!

A saída do quinto número de Oink!, a revista do Xabarín Club, está paralizada. AGALIP, a editora que corre co proxecto da única cabeceira de banda deseñada en activo no noso país, sinala nun comunicado que o descenso de vendas número a número está a pór en perigo a continuidade da publicación. Así, decidiu parar o lanzamento da vindeira entrega á agarda de presentar un proxecto de crodfunding co que quere garantir a viabilidade da revista. A editora anunciará proximamente a fórmula exacta e os obxectivos desta iniciativa.

Que che parece esta nova?
57 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Xabarín Club, Banda deseñada

Claves