Oink! abre un crowdfunding para garantir a súa continuidade

A revista aspira a recadar 36.000 euros por esta fórmula

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Oink! abre un crowdfunding para garantir a súa continuidade

Tal e como anunciara a mediados deste mes, Agalip, empresa editora de Oink! A revista do Xabarín Club, acaba de abrir unha campaña de crowdfunding para garantir a súa continuidade. Con esta iniciativa, a firma aspira a recadar un total de 36.000 euros, e oferta como recompensas chapas, números xa publicados da cabeceira, posters asinados polos debuxantes da publicación ou mesmo cursos de banda deseñada na escola O Garaxe Hermético. Oink! é na actualidade a única revista de banda deseñada en galego, e está orientada ao público infantil e xuvenil.

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Xabarín Club, Garaxe Hermético

Claves

Entidades