O Garaxe Hermético e Xerais crean un novo certame de banda deseñada

Está orientado de xeito específico a alumnos e antigos alumnos do centro pontevedrés

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
O Garaxe Hermético e Xerais crean un novo certame de banda deseñada

A coincidir coa celebración de Viñetas desde o Atlántico, a escola de banda deseñada O Garaxe Hermético e mais Edicións Xerais acaban de presentar un novo certame de banda deseñada. O concurso, que leva o nome da escola, está dirixido a alumnos de último curso e a antigos alumnos deste centro e premiará os gañadores coa publicación na editora viguesa. Os traballos, de temática libre, deberán ter entre 48 e 72 páxinas e estar orientadas a público infantil e xuvenil. A iniciativa pretende "fortalecer unha canle para que os/as novos/as autores/as da BD galega teñan facilidades para publicar obras de cómic" así como "fomentar a creación de BD para público lector infantil e xuvenil na nosa lingua co fin de reforzar unha base lectora firme que afiance un futuro esperanzador".

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Garaxe Hermético, Cómic, Viñetas desde o Atlántico...