Os alumnos de O Garaxe Hermético presentan Intraterra

A BD colectiva narra unha historia de misterio nun bunker ruso

Un total de 25 alumnos da escola de banda deseñada O Garaxe Hermético de Pontevedra colaboraron para facer realidade Intraterra. A nova banda deseñada colectiva ve a luz da man da Deputación de Pontevedra a presentar unha historia de crimes no contexto dun bunker situado na tundra rusa. O proxecto empregou o sistema de produción propio de industrias como a estadounidense ou a xaponesa no que todos os autores traballaron por xunto nunha única historia que mantén unha estética unificada. En total a publicación conta con 62 páxinas a toda cor en formato apaisado.


Ana Pumares, Atenea Agular Ferradás, Ángel Verísimo Pazos, Bea Bendaña Bermejo, Carlos Fandiño Soto, Damián Gómez Figueiras, Daniel Zamudio, Fenando Mármol Fernández-Ayala, Hugo Feal Permuy, Iago Fernández Falcón, Jacobo Troitiño Lubiáns, Laura da Silva Irago, Lorena Abilleira Acevedo, Luz Fraga Constenla, Marcos Pérez Rial, Clara Muñíz Cameán, Olalla González Barja, Pablo LLoveres Tembrás, Ramón Fernández Ameijeiras, Rosa Magdalena Fernández, Sabela Domínguez Costa, Samuel López Cabana, Tere García Fernández, Werónica Hanczyc, e Yaiza Martínez Piñeiro son as creadoras e creadores que fixeron parte do proxecto.