Os alumnos do Garaxe Hermético asinan O picoto do pai

O Culturgal acolle presentacións e sesións de sinaturas de banda deseñada

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Os alumnos do Garaxe Hermético asinan O picoto do pai

A coincidir esta fin de semana coa celebración do Culturgal chega á rúa O picoto do pai, unha banda deseñada que se presenta como "a primeira novela gráfica colectiva" que asinan os alumnos da escola de banda deseñada O Garaxe Hermético. A historia, de 82 páxinas a cor, sae á luz coa colaboración da Deputación de Pontevedra e aborda o mito do abandono dos anciáns na cultura tradicional. Canda a este lanzamento, que se presentará na feira o 3 de decembro ás 17 horas, tamén haberá no evento sesións de sinaturas como as de Curuxa de Fonso Barreiro (o día 2 ás 19 horas), ou a de Tattoo de Santiago Paredes o día 3 ás 14 horas, todas elas no posto da libraría Paz.

Que che parece esta nova?
62 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Garaxe Hermético, Culturgal, Feira...