O Garaxe Hermético leva o Premio Ourense de Banda Deseñada

Entregarase o 30 de novembro as 17 horas na libraría Vento do Sul

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Fachada de O Garaxe Hermético

Fachada de O Garaxe Hermético

A mellor iniciativa galega de 2012 no campo da banda deseñada foi O Garaxe Hermético. Cando menos, así o considerou o xurado do Premio Ourense de Banda Deseñada que recoñece anualmente as propostas que máis contribúen a difundir a novena arte. A escola profesional dirixida por Kiko da Silva abría as súas portas en Pontevedra o pasado mes de abril. A entrega do premio, consistente nunha figura de Manolo Figueiras, realizarase mañá as 17 horas en Vento do Sul - Livraria Torga.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Banda deseñada, Garaxe Hermético, Ourense, Kiko da Silva...

Claves

Protagonistas
Entidades
Conceptos