As opcións de formación no campo da banda deseñada continúan a medrar en Galicia. En Pontevedra, O garaxe hermético abrÃa os seus cursos o pasado 15 de setembro coas prazas cubertas nas sesións de fin de semana e só dúas libres no que transcorre de luns a xoves. Agora, o centro abre matrÃcula para un seminario que impartirá Miguelanxo Prado entre outubro e xuño e que transcorrerá en sesións de tres horas durante un venres de cada mes. Pola súa banda, a Escola de Arte ECO, de Compostela, amplÃa a súa oferta e suma un curso avanzado de banda deseñada e un de manga ao obradoiro de iniciación. José Manuel Fernández de la Reguera é o responsable destes cursos.
En Vigo, pola súa banda, MarÃa Vilar iniciará o vindeiro seis de outubro o seu curso dos sábados na Biblioteca Central de Vigo, para alumnos apartir de seis anos. De xeito paralelo, mantén a actividade formativa nunha academia canda a Iago Araújo, con matrÃcula aberta de xeito permanente.