Pablo Prado e Miguel Rojo gañan o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético

Xerais publicará Nerea. O príncipe da sorte

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Pablo Prado e Miguel Rojo gañan o II Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético

A segunda edición do Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético ten xa gañador. O xurado deste galardón que convocan a escola de BD homónima e Edicións Xerais seleccionou a obra Nerea. O príncipe da sorte, de Pablo Prado e Miguel Rojo, como vencedora desta xeira. No fallo destácase "a atractiva proposta gráfica da obra a cabalo entre a liña clara franco belga mesturada coa estética cartoon dos actuais debuxos animados. Así mesmo, destaca o ritmo narrativo da historia e unha composición de páxina dinámica e atractiva". O proxecto "é unha historia de aventuras con doses de humor e cunha temática moi de actualidade. Conta a historia dunha nena que cae nun charco e a partir de aí desenvolvese unha historia divertida centrada na prevención da saúde".

O xurado estivo composto por Miguel Porto, Fernando Iglesias (Kohell) e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais. A editora viguesa publicará a obra gañadora a vindeira primavera.

Que che parece esta nova?
79 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Garaxe Hermético, Miguel Rojo, Pablo Prado, Banda deseñada...