Anémona de Río convértese na primeira gañadora do Premio O Garaxe Hermético

Edicións Xerais publicará a súa banda deseñada A proba de auga

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Anémona de Río convértese na primeira gañadora do Premio O Garaxe Hermético

A primeira edición do premio O Garaxe Hermético de banda deseñada ten xa gañadora. Anémona de Río, antiga alumna da escola de cómic de Pontevedra e galardoada no seu día co premio fin de curso, impúxose neste certame. O xurado do galardón seleccionou a súa obra A proba de auga a considerar que "conecta con habilidade a estética do manga coa tradición do cómic europeo, salientando pola súa eficacia do uso narrativo da cor e destacando tamén pola creación dos personaxes, tanto desde o punto de vista gráfico como psicolóxico". Ademais, o fallo apunta que a obra "aborda contidos científicos cunha profunda vocación de afondar no coñecemento a través dunha historia tamén divertida e intrigante". Edicións Xerais publicará a obra na vindeira primavera.

O comité de selección, composto polos profesores do Garaxe Hermético Kiko da Silva e Miguel Porto e por Anaír Rodríguez e Fran Alonso pola banda de Xerais, seleccionou tamén como finalista Os Gazafellos de FON (Fonso Barreiro), que mestura a tradición con elementos actuais mediante un debuxo "traballado e dinámico".

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Anémona de Río, Garaxe Hermético, Banda deseñada, Edicións Xerais...