Angie Roa faise co VI Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético

Xerais publicará a súa obra Noa e a cidade sen maxia

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Páxina de Noa e a cidade sen maxia. Fonte: O Garaxe Hermético

Páxina de Noa e a cidade sen maxia. Fonte: O Garaxe Hermético

O xurado do VI Premio de Banda Deseñada O Garaxe Hermético daba a coñecer o pasado sábado 11 de xaneiro o fallo deste galardón que convoca a escola e cómic de Pontevedra canda a editorial Xerais. A obra Noa e a cidade sen maxia, de Angie Roa, foi seleccionada como gañadora desta edición do certame.

Segundo detalla a organización, a obra gañadora "combina fantasía e aventura, e narra a historia de Noa, unha nena que medra escoitando relatos sobre unha cruel batalla librada por culpa da maxia. A rapaza non imaxina, ata que lle é desvelado, que ela provén dunha liñaxe de grandes magos e que chegou o momento de que coñeza os seus poderes e a verdadeira orixe do que semellaban ser só lendas".

A editorial Xerais publicará a vindeira primavera o traballo galardoado, unha obra da que o xurado salientou "a capacidade de conexión mediante a historia e a estética cos gustos de moito lectorado infantil e xuvenil actual" ademais do deseño de personaxes, "o manexo da cor, así como a utilización dunha estética (próxima ao webtoon coreano) e dun modo de narrar moi contemporáneos".

Miguel Porto, Fernando Llor, Fernando Iglesias e Kiko da Silva, por parte do Garaxe Hermético, e Anaír Rodríguez e Fran Alonso, en representación de Xerais, conformaron o comité de selección desta xeira do galardón. Roa, nada en Mos no ano 2000 e é alumna do Garaxe Hermético.

Que che parece esta nova?
153 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Garaxe Hermético, Angie Roa, Banda deseñada, Cómic...