O Garaxe Hermético publica unha antoloxía dos seus alumnos

A banda de Moebius preséntase o 9 de agosto no marco de Viñetas desde o Atlántico

17/7/2013 | Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
25 lecturas | Compartido 0 veces

Capa e contracapa de A banda de Moebius

Os oito alumnos que remataron o primeiro curso da escola de BD O Garaxe Hermético publican a súa primeira obra. Zé Nuno Fraga, Fonso Barreiro, Ángel Verísimo, Andrés Gil Vázquez, Sabela Alonso, Álbaro Barrientos, Ánxela López Pulpeiro e Andrés Laxeira achegan cadansúa historia realizada a partir do relato O libro de area de Borges. En total son 56 páxinas a toda cor para un volume que sairá a venda por 15 euros e que se presentará o vindeiro 9 de agosto ás 12:30 da mañá no festival Viñetas desde o Atlántico, na Coruña.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades
Lugares