Demo publicará Operario de Jano

A obra sairá a venda o vindeiro 1 de xuño e presentarase en Viñetas desde o Atlántico

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Demo publicará Operario de Jano

A xornada dun obreiro nunha factoría atemporal. Este é o argumento de Operario, a nova obra do coruñés Jano que vai publicar Demo Editorial. O proxecto, que consta de 48 páxinas a branco e negro, mestura "comedia, aventura e drama social", segundo adianta a editora. Co título, Demo abre unha nova colección, Demográfica, na cal se publicarán historias de pequeno formato nas que predominarán as imaxes sobre os textos. Operario porase á venda o vindeiro 1 de agosto e presentarase oficialmente no festival Viñetas desde o Atlántico da Coruña, que está previsto que se celebre entre os días 5 e 11 deste mes.

Que che parece esta nova?
69 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Para saber máis

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Demo, Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Comedia...