Nace A Viñeta de Schrödinger, unha nova revista de BD en galego

A Mesa impulsa esta publicación trimestral dirixida por Kiko da Silva

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Nace A Viñeta de Schrödinger, unha nova revista de BD en galego

A coincidir co Día das Letras dábase a coñecer onte en Compostela a posta en marcha de A Viñeta de Schrödinger, a nova revista de banda deseñada en galego. A Mesa pola Normalización Lingüística promove este proxecto que dirixe Kiko da Silva e que quere "dar voz e visibilidade ás bandas deseñadas breves de autores/as galegos/as". A nova cabeceira contará con periodicidade trimestral, 32 páxinas cor, encadernación en rústica e tiraxe de 1.500 exemplares a un prezo de 5 euros.

A primeira entrega, que sairá en xullo, contará con historias autoconclusivas de Miguelanxo Prado, Kohell, Miguel Porto, Aldara, Joan Casaramona, Fonso Barreiro, Zaida Novoa, Miriam Iglesias, Pablo Prado, Fran Bueno, Miguel Rojo, Víctor Rivas, Antonio M Fraga, Fernando Llor, Kiko Da Silva e portada de Miguel Robledo, e incluirá entrevistas a autores/as nacionais e internacionais da man de Roberto M. Sotomulo.

Que che parece esta nova?
54 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kiko da Silva, Banda deseñada, Normalización Lingüística, Mesa pola Normalización Lingüística...