Kiko da Silva incorpórase a “El Jueves”, onde realizará parodias de series de banda deseñada

O mércores, Da Silva no xoves

25/10/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O número 1483 da revista “El Jueves” supón a incorporación dun autor galego ao equipo desta publicación. O vigués Kiko da Silva debuta o mércores 26 de outubro cunha historia de tres páxinas titulada “Astérix o gay” na que parodia a máis famosa serie de galos da historia da BD. Kiko continuará a súa colaboración no semanario de humor de máis difusión do Estado realizando sucesivas parodias de diferentes series da banda deseñada mundial.

Capa de “El Jueves” onde aparece a colaboración de Kiko; ficha do autor

Que che parece esta nova?
33 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kiko da Silva, Banda deseñada, Humor, Astérix...

Claves

Protagonistas
Entidades