A AGPI pide a “revisión das medidas” adoptadas contra El Jueves e un cabeceiro de Kiko da Silva abrirá o seu especial sobre o secuestro

O caso “El Jueves”, visto desde Galicia

27/7/2007 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A Asociación Galega de Profesionais da Ilustración (AGPI) emitiu un comunicado manifestado “a súa repulsa total” ao secuestro da revista “El Jueves” ordenado no auto dictado polo xuíz Del Olmo. “Aínda no caso de caer en inxurias e calumnas”, afirma a AGPI, “consideramos que na nosa sociedade existen outros procedementos máis adecuados para a defensa do honor das persoas e institucións”. A Asociación pide “a revisión das medidas” impostas no auto xudicial. Pola súa banda, tamén sabemos que un cabeceiro da autoría de Kiko da Silva abrirá a do número especial sobre o secuestro que editará El Jueves: “la revista que sale los miércoles” pasará a ser “La revista que secuestran los viernes”.

Máis información no blog de Kiko da Silva

Que che parece esta nova?
30 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kiko da Silva, AGPI, Asociación Galega de Profesionais da Ilustración