Kiko da Silva inicia serie propia en El Jueves

David Rubín fala sobre o seu Cuaderno de tormentas

3/12/2008 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Camiloeurista é o título da tira que o galego Kiko da Silva comeza a publicar esta semana na revista humorística El Jueves. A serie, prevista nun comezo para oito entregas, é unha versión sen fillos do personaxe Emilioeurista, que o debuxante fai semanalmente para edicións locais de La Voz de Galicia. O debuxante achega unha mostra deste traballo no seu blog. Pola súa banda, David Rubín aproveita tamén este medio para explicar polo miúdo a súa nova obra Cuaderno de tormentas e adiantar varias páxinas o mesmo. Rubín explícanos tamén que, logo da súa recente visita a México, unha distribuidora deste país dispoñibilizará as súas obras na capital azteca.

Que che parece esta nova?
27 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kiko da Silva, David Rubín, La Voz de Galicia, México...

Claves

Entidades
Conceptos
Lugares