A nova revista "BF" conta cos galegos Kiko da Silva e Leandro entre os seus autores

Boafonte

15/6/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
O novo lanzamento de Ediciones El Jueves, a revista humorística "BF" conta de novo con autores galegos xa vencellados ao grupo. A publicación recollerá boa parte dos personaxes e situacións do programa televisivo que presenta Andreu Buenafuente. Nela Kiko da Silva realizará as tiras cómicas co personaxe do notario e Leandro encargarase de realizar diferentes caricaturas sobre o programa. Este autor tamén se incorporou recentemente aos colaboradores habituais da revista infantil "Mister K", onde leva a sección "Lo que nunca se ha escrito sobre...", de temática histórica.

Máis información na ficha de Kiko da Silva; ficha de Leandro; en Tebeosblog e no web de Mister K

Que che parece esta nova?
32 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kiko da Silva, Culturagalega

Claves

Protagonistas
Entidades