A revista "Míster K", que conta cunha abondosa presenza de autores galegos, fecha as súas portas

Fecha "Mister K"

16/11/2006 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Xa é oficial. O vindeiro número de "Míster K", o especial de inverno, será o último desta publicación. Ediciones El Jueves, responsable da cabeceira, optou por finalizar a andaina desta revista infantil xa que os resultados económicos non foron os agardados. Con este feche finalizan tamén as series que na publicación mantiñan autores galegos coma Víctor Rivas, Kiko da Silva, Santy Gutiérrez, Leandro ou Guitián. A cabeceira acumulou unha grnade produción destes debuxantes, con casos coma as 188 páxinas de Rivas en Harry Pórrez ou as 167 de Da Silva entre as súas series "Clases con Guasa", "TurisTeo" e diversas colaboracións. Este peche súmase ao de "Buenafuente", revista do mesmo grupo que tamén deixa de saír á rúa e que contaba coas colaboracións de Leandro de de Da Silva.

Máis información en La Cárcel de Papel; máis información nos nosos arquivos

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Santy Gutiérrez, Víctor Rivas, Kiko da Silva, Culturagalega