Muda a presenza galega na revista “Míster K” coa incorporación de Víctor Rivas e a marcha de Robledo e de Montes

Míster K(ambios)

20/4/2005 | Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
A lista de debuxantes galegos que colaboran con “Míster K”, a revista xuvenil de Ediciones El Jueves, mudou nas últimas tres semanas. Víctor Rivas, o vigués que xa estivera en contactos coa revista no momento do seu lanzamento, comezou a ilustrar nos últimos números a serie “Harry Pórrez”, con guión de Vergara, en substitución de Sanvi. Case simultaneamente Javi Montes, debuxante da serie “Rocket B”, abandonaba este proxecto, o que tamén retiraba ao ourensán Miguel Robledo, guionista da mesma. Mentres, os outros dous galegos presentes na publicación continúan as súas series, Kiko da Silva con “Clases con Guasa” e “Turisteo”, Alberto Guitián con “Malas Pulgadas” e Santy Gutiérrez con "Yeti".

Máis información no web de “Míster K”

Que che parece esta nova?
35 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Víctor Rivas, Santy Gutiérrez, Alberto Guitián, Kiko da Silva...