A banda deseñada volta a Noia co VII V de de Viñetas

A cita desenvólvese entre o 30 de novembro e o 1 de decembro no Liceo da Localidade

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
A banda deseñada volta a Noia co VII V de de Viñetas

Abel Alves, Aldara Prado, Nacho Fernández e Alicia Jaraba visitarán Noia os vindeiros 30 de novembro 1 de decembro. As xornadas V de Viñetas, que organiza a Sociedade Liceo chegan á súa sétima edición con novos obradoiros, encontros con autoras e autores e exposicións.

As xornadas darán inicio na mañá do sábado 29 cun obradoiro de deseño de cromos e outro de creación de BDs da man de Nacho Fernández. Abel Albes protagoniza o primeiro encontro, xa na tarde, ao que seguirá a presentación de Nimue, obra debut de Aldara Prado. Un encontro do público con Nacho Fernández dará paso á sinatura de exemplares dos nomes que participan da iniciativa.

Para domingo, Victor L. Pinel amosará o proceso de traballo da súa BD Piezas ao que segirá a presención de Lejos, último traballo de Alicia Jaraba. De novos as sinaturas de exemplares será a actividade que feche a sesión.

Canda a estes autores e autoras, participarán das actividades outros nomes da BD galega como ENE e Alba Chan. Nas exposicións destaca unha retrospectiva de Carlos Pacheco, un dos debuxantes españois máis recoñecidos en Estados Unidos ata o seu falecemento en 2022. Unha mostra de BD retro e outras monográficas sobre as autoras e autores presentes no evento completan o apartado expositivo do mesmo.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega
Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Noia, Banda deseñada, Exposicións, Obradoiro...