Noia acolle a segunda edición de V de Viñetas

As xornadas de banda deseñada desenvolveranse entre o 15 e o 17 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Noia acolle a segunda edición de V de Viñetas

Luís Davila, Ángel de la Calle e Pablo Velarde son os autores que encabezan o cartel das II Xornadas de Banda Deseñada do Liceo de Noia V de Viñetas. Canda a eles, Anémona del Río e José Malvárez asistirán a este encontro, que se desenvolve entre o 15 e o 17 de novembro. O programa inclúe obradoiros, conferencias e sesións de sinaturas a cargo dos convidados, ademais dunha charla sobre o proceso de tradución dun manga. No ámbito das exposicións, poderán verse monográficos dos tres autores ademais dunha mostra sobre Dragon Ball e outra colectiva do traballo publicado na revista A viñeta de Schrödinger.

Que che parece esta nova?
105 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Noia, Banda deseñada, Luís Davila, Tradución...

Claves

Protagonistas
Lugares