Coñécense os convidados a Viñetas desde o Atlántico

Frank Quitely, R.M. Guéra, Rubén Pellejero, Bartolomé Seguí e José Domingo son algúns dos nomes confirmados

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

A un mes de que abra as súas portas, o web de Viñetas desde o Atlántico adiántanos os nomes dos autores convidados a este evento. Frank Quitely, R.M. Guéra, Rubén Pellejero, Bartolomé Seguí, Homs e o galego José Domingo son os nomes que destacan no cartel desta edición. Canda aos seus traballos, poderán verse mostras colectivas como a dedicada a Batman, que repasa o personaxe a través de diversos autores clásicos. Dragon Ball e mais as Illas na banda deseñada son outras das mostras previstas. Viñetas deste o Atlántico celebrarase entre o 6 e o 12 de agosto na Coruña.

Que che parece esta nova?
99 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Atlántico, Viñetas desde o Atlántico, Clásicos, Banda deseñada...