Viñetas desde o Atlántico adianta os seus convidados

Charlie Adlard, Zidrou, Montse Martin ou Jano son algúns dos autores que protagonizan a edición

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:

Charlie Adlard, debuxante de The Walking Dead será a grande estrela da XVII edición de Viñetas desde o Atlántico. O Festival de Cómic da Coruña deu a coñecer no seu web os nomes dos convidados deste anos, entre os que destaca tamén o guionista francés Zidrou. Un dos debuxantes que traballou con el, Oriol Hernández, protagonizará tamén a súa propia exposición. Canda a eles, atópanse nomes como Vicent Llobell Sento, ou Montse Martín autora de Curiosity Shop. Javier Rodríguez, e Marcos Martín amosarán o seu traballo como autores españois en Estados Unidos. Pola súa banda, Jano protagonizará a exposición dedicada á banda deseñaeda galega, ademais de presentar un novo álbum da man de Demo Editorial.

Que che parece esta nova?
71 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Cómic, Demo...