Viñetas desde o Atlántico celebra a súa edición máis feminina

O encontro atenderá especialmente ás creadoras na súa XVIII edición

Entre o 10 e o 16 de Agosto, A Coruña acollerá a XVIII edición de Viñetas desde o Atlántico. O Festival de Banda Deseñada anuncia que nesta xeira atenderá especialmente as creadores no campo da banda deseñada. Na lista de convidados, atópanse nomes como Keko, Mai Egurza, Moderna de Pueblo Alfonso Zapico, Ana Miralles, Ana Oncina, Chloé Cruchaudet e Joaquín López Cruces, aos que se suma o galego Martín Romero no apartado dedicado aos nosos autores. A organización está a facer público aos poucos o programa completo, que contará como é habitual con exposicións monográficas dos diferentes convidados. Co Palexco e o Quiosco Alfonso como bases principais, O Salón desenvolverase tamén en espazos como a Sala Durán Loriga ou o Aquarium Finisterrae. As Bibliotecas Públicas municipais anunciaron xa algunhas das actividades que desenvolverán no transcurso do evento.