Viñetas desde o Atlántico contará con Isabel Greenberg, Tony Sandoval e David Sala

O XXII Salón de banda deseñada celebrarase na Coruña entre o 5 e o 11 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Banda Deseñada
Compartir:
Viñetas desde o Atlántico contará con Isabel Greenberg, Tony Sandoval e David Sala

O Concello da Coruña acollía onte, xoves 30 de maio, a presentación do XXII Festival Viñetas desde o Atlántico. O salón de banda deseñada celebrarase na Cidade Herculina entre os vindeiros 5 e 11 de agosto cun cartel de convidados nos que destaca a británica Isabel Greenberg, autora de The Encyclopedia of Early Earth entre outras obras. Canda a ela, o mexicano Tony Sandoval, o francés David Sala, o portugués Jorge Coelho, o Madrileño Antonio Navarro e o catalán Albert Monteys completan a listaxe de convidados foráneos.

Pola banda galega, o debuxante e guionista Abel Albes participará no evento e protagonizará unha exposición, ao igual que o proxecto de "Bdpoesía" O puño e a letra desenvolvido por Yolanda Castaño cunha selección de autores e autoras do país.

Ademais, celebrarase unha mostra dedicada a Tintín a coincidir cos 90 anos do personaxe de Hergé e outra de Acción Cultural Española que levará os cadriños á rúa cunha selección de obras de autores do panorama estatal. Os orixinais do último Premio Castelao e unha mostra de carteis de edicións anteriores completan o programa que se deu a coñecer onte.

Que che parece esta nova?
86 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Banda deseñada, Portugués...