A ConcellarÃa de Cultura da Coruña vén de desvelar os nomes propios do programa da edición deste ano da feira de banda deseñada Viñetas desde o Atlántico. O evento celebrarase entre o 5 e o 11 de agosto coincidindo nesta ocasión coa Feira do Libro da cidade que estará nos xardÃns de Méndez Núñez entre o 1 e o 10 de agosto e de feito é a federación de Editores a encargada da organización este ano da feira de banda deseñada.
O elenco de autores invitados que ven de comunicarse desde a web oficial busca resultar “acreditativo do excelente nivel creativo apreciable no panorama nacional e internacional contemporáneo”. Nesa idea cóntase coa presenza na cidade herculina do valisoletano David Aja, que co seu traballo na colección “Ojo de halcón”, acadou varias candidaturas aos prestixiosos Premios Eisner; tamén agárdase ver na feira a Francesc Capdevila “ Max”, histórico creador español e gañador do Premio Nacional del Cómic de 2007. Coincidindo co 40 aniversario de Superlópez, confÃrmase a presenza do seo creador, Jan, que estará acompañado do seu compañeiro de equipo creativo, Francisco Pérez Navarro .
Tamén visitarán o festival coruñés Susanna Martin, autora de“Sonrisas de Bombay”, e Enrique Fernández, candidato ao Premio á Mellor obra de autor español de 2012 do Salón Internacional del Cómic de Barcelona por “Aurore”. Pecha a lista nacional Fausto Isorna, veterano da historieta galega autor e director artÃstico da revista “Golfiño” e director de El patito editorial. A bande dessinée francesa terá cota de protagonismo nesta edición de Viñetas desde o Atlántico, coa presenza de Baru, gañador do Gran Premio de Angoulême de 2010 a toda unha carreira e Frank Le Gall, creador da aclamada saga de aventuras “Théodore Poussin”.
No relativo ás exposicións, ademais das habituais mostras de orixinais centradas no traballo dos autores invitados, contarase con outras dúas, unha comisariada por Toni Guiral, estudará a relación entre o mar e a historia da banda deseñada no Aquarium de A Coruña; a segunda, que terá a Antonio Martin por comisario, será unha retrospectiva sobre Superlopez co gallo do seu 40 aniversario.