Malia aos recortes orzamentarios que impedirán que este ano se celebre o festival Noroeste Pop Rock, o Concello da Coruña manterá o seu apoio a Viñetas desde o Atlántico. Segundo adiantou a concelleira de cultura, MarÃa Xosé Bravo, o orzamento do encontro dedicado á banda deseñada ficará conxelado este ano, aÃnda que se procurará manter a calidade de edicións anteriores. Desta volta, o programa dará inicio o vindeiro 9 de agosto, e durante unha semana estarán nos xardÃns de Méndez Núñez os tradicionais postos de venda, mentres as mostras poderán verse ao longo de todo mes. Logo do traslado do pasado ano, boa parte das actividades retornarán ao Quiosco Afonso nestas edición.