Miguelanxo Prado confirma que Viñetas desde o Atlántico abrirá do 11 ao 17 de agosto

Globos de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:

Viñetas desde o Atlántico é a cita galega por excelencia da banda deseñada. E un dos seus directores, Miguelanxo Prado, acaba de confirmar que as datas desta undécima edición serán do 11 ao 17 de agosto. Prado asegura que non haberá cambios na estrutura da actividade, pero si de escenarios xa que o Quiosco Afonso estará ocupado nesas datas por mor da celebración do 800 aniversario da cidade. Este feito obriga a situar as exposicións previstas para ese espazo na sede da Fundación Caixa Galicia.

Que che parece esta nova?
36 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Miguelanxo Prado, Viñetas desde o Atlántico, Atlántico, Banda deseñada...