A Coruña celebrará entre o 7 e o 13 de agosto a vixésima edición do Salón de Cómic Viñetas desde o Atlántico. O Pazo de MarÃa Pita acollÃa esta mañá a presentación do evento, que conta nesta xeira cunha ampla nómina de convidados. Nob, Cameron Stewart, Eduardo Risso, Julie Rocheleau, Natacha Bustos, Pablo Auladell, Ralph Meyer, Rayco Pulido, Javi Rey, Dave Mckean e Enrique Sánchez Abulà son os nomes que destaca a organización do evento. Como novidade, o Salón amplÃa a súa presenza na cidade e incorpora ao seu programa as sedes de Afundación e mais da Fundación Barrié. Ademais, por vez primeira integra un espectáculo audiovisual, coa proxección de Black Dog, the dreams of Paul Nash" de Dave McKean. Ademais das exposicións dos diferentes autores convidados, o salón acollerá unha exposición retrospectiva que recolle traballos dos premiados nos Premios Nacionais de Cómic que outorga o Ministerio de Cultura e que cumpren agora unha década. Juanjo Guarnido, Sergio Altarriba, Juan DÃaz Canales, Santiago Valenzuela, Alfonso Zapico, Pablo Auladell e o propio Miguelanxo Prado, todos eles premiados, participarán no evento.
Encol a banda deseñada galega, o evento acollerá unha retrospectiva sobre a evolución do sector ao longo dos vinte anos que cumpre o festival, que se complementará cunha mostra monográfica dedicada a Kiko da Silva. Outro galego, Das Pastoras, foi o encargado de realizar o cartel deste ano.