A dÃa de hoxe, os autores confirmados para o salón de BD da Coruña que comeza o vindeiro dÃa 11 de agosto son: O tándem creador de “Blacksad” (J.Guarnido e J.D.Canales), M.Fontdevilla, Stuart Immonen (de actualidade por ser o deseñador de “Hulk”), J.L.Munuera (que debuxará “Spirou” e ten colaborado xa co guionista Joann Sfar), Sergio GarcÃa, L.Durán, J.R.Cano e J.C.Fernándes. Confirmouse que tanto Neil Gaiman como Dave McKean se caeron da lista de autores por diversos motivos. As exposicións de “Viñetas” en 2003 tratarán os seguintes temas: 11-S e guerra de Irak, o caso Prestige, A Coruña no cómic, "Historia de una página". Haberá tamén exposicións de Hernández Palacios, de Ivá e outra antolóxica de Breccia, ademais das dos autores convidados.